Notas de prensa e redacción de informes
Unha nota de prensa ben construída pode ser a chave que abra as portas dos medios. Un informe claro e convincente pode cambiar a percepción dos teus clientes ou investidores. En ola.gal transformamos datos e mensaxes en historias que captan a atención e xeran confianza.
Non se trata só de escribir ben. Trátase de entender o que move os xornalistas, o que preocupa os teus clientes, o que buscan os teus socios comerciais. Traballamos contigo para descubrir o ángulo perfecto que faga que a túa información destaque entre centos de comunicados que reciben os medios cada día.
Para notas de prensa, combinamos a estrutura xornalística clásica co coñecemento directo dos intereses dos medios galegos. Sabemos cando un titular debe ser directo e cando acepta un xogo de palabras: non é o mesmo un comunicado para un xornal económico que o dossier dun grupo de teatro para a sección de Cultura dun medio xeneralista.
Na redacción de informes, priorizamos a claridade sen perder rigor. Transformamos datos complexos en información accesible, mantendo sempre o ton adecuado ao destinatario final: desde informes anuais para accionistas ata dossiers técnicos para clientes especializados ou proxectos para subvencións.
O noso proceso inclúe unha análise previa das necesidades e dos obxectivos; unha investigación e documentación rigorosa; unha redacción adaptada a cada soporte e público; unha revisión exhaustiva antes da entrega.
E porque sabemos que a comunicación non remata coa entrega do texto, ofrecemos asesoramento sobre distribución e seguimento.
Queres que a túa próxima nota de prensa sexa realmente lida? Ou que o teu próximo informe non quede gardado nun caixón? En ola.gal sabemos como facelo.
Imaxe corporativa
Ilustración profesional
Fotografía profesional
ola.gal
Trasladamos ideas, deseñamos proxectos e facemos medrar negocios. Somos profesionais altamente cualificados. Pero, con máis de 20 anos de experiencia no mundo da comunicación, do que máis nos gabamos é de ser especialistas en empatía. Chámanos e coidaremos de ti.