Deseño de páxina web e tenda online en Galicia
En ola.gal entendemos que a túa páxina web é moito máis que unha simple presenza en internet. É a porta de entrada ao teu negocio, o escaparate que amosa o mellor de ti e a ferramenta que converte visitantes en clientes. Por iso creamos webs con alma, deseños feitos a medida que non só sorprenden visualmente, senón que funcionan de verdade.
Cada web que facemos nace coa esencia do teu negocio ou proxecto. Traballamos contigo dende o primeiro momento para captar ese espírito e transformalo nun deseño único, adaptable a todos os dispositivos (responsive) e pensado para ofrecer a mellor experiencia de usuario.
E se o que precisas unha tenda online, temos a solución. Deseñamos e-commerces completos con todas as funcionalidades necesarias para vender de forma segura e eficiente: xestión de produtos, pasarelas de pago, envíos e todo o que precise o teu negocio dixital.
Ademais, non te deixamos so. Ofrecemos formación para que poidas xestionar ti mesmo os contidos e actualizacións, e acompañámoste no proceso para que a túa web sexa sempre un reflexo actualizado do teu negocio.
Unha web profesional xa non ten que ser unha pesadelo. Nós facemos que sexa sinxelo, persoal e efectivo. Queres saber como podemos axudarte? Falemos sen compromiso.
Marketing dixital e analóxico
Posicionamento en Google
Xestión das Redes Sociais
ola.gal
Trasladamos ideas, deseñamos proxectos e facemos medrar negocios. Somos profesionais altamente cualificados. Pero, con máis de 20 anos de experiencia no mundo da comunicación, do que máis nos gabamos é de ser especialistas en empatía. Chámanos e coidaremos de ti.