Tradución de textos

Tradución profesional de textos e doutros contidos

Cada palabra importa. Por iso, en ola.gal ofrecemos servizos de tradución profesional que van máis alá da mera substitución de termos, captando os matices culturais e o ton axeitado para cada contexto. Os nosos traductores nativos traballan con galego, inglés, francés, portugués e español, entre outros, garantindo que cada texto manteña o seu significado orixinal, dentro do contexto lingüístico de orixe.

Trátase dunha combinación de rigor lingüístico con sensibilidade cultural.

Traballamos con documentos técnicos, contratos legais, contidos creativos, materiais de marketing e textos institucionais, asegurando sempre a máxima calidade. Cada tradución pasa por un proceso exhaustivo de revisión para garantir precisión terminolóxica, fluidez estilística e adecuación ao sector específico.

Unha boa tradución pode marcar a diferenza entre conectar ou ser malinterpretado. Por iso, non só traducimos palabras, senón que recreamos mensaxes, conservando a esencia do contido orixinal mentres o facemos accesible e natural no idioma de destino.

Traballamos con prazos axustados e ofrecemos confidencialidade total en todos os nosos proxectos.

Queres unha tradución que realmente represente o valor do teu contido? Chámanos sen compromiso!

Discursos e dossiers

Notas de prensa e informes

Fotografía

Fotografía profesional

Ilustracion

Ilustración profesional

ola.gal

Trasladamos ideas, deseñamos proxectos e facemos medrar negocios. Somos profesionais altamente cualificados. Pero, con máis de 20 anos de experiencia no mundo da comunicación, do que máis nos gabamos é de ser especialistas en empatía. Chámanos e coidaremos de ti.

Marcas asociadas

Email

Teléfono

Copyright © 2025