Ola!
Somos diferentes
Somos un equipo multidisciplinar de persoas expertas nos seus eidos, desde a creación de contidos textuais, o xornalismo ou a tradución, até a fotografía e a ilustración, pasando polo deseño gráfico para páxinas web. Somos diferentes, mais todas e todos nós temos algo en común: o noso amor pola creatividade, pola comunicación e polo traballo feito con profesionalidade e cariño.
A nosa estratexia
Esta é a nosa carta náutica
O teu proxecto vai iniciar unha singradura polo océano, mais contas coa nosa tripulación para chegar a bo porto. Cunha brúxola clara e os ventos favorables da creatividade, imos navegar xuntos capeando os temporais. Sen perder o rumbo, gozando da viaxe.
Análise
Escoitamos, investigamos e mergullámonos no teu contexto. Identificamos oportunidades e eivas para trazar un roteiro personalizado.
Desenvolvemento
Transformamos eses deseños en realidades funcionais. Webs optimizadas, contidos dinámicos e ferramentas que suman valor á túa marca.
Empatía
Poñémonos no teu lugar antes de calquera decisión. A túa satisfacción é o noso termómetro, e a confianza, o noso combustible.
Deseño
Conceptualizamos ideas visuais que contan a túa historia. Logos, webs, contidos… Cada detalle pensado para destacar e emocionar.
Eficiencia
Optimizamos tempo e recursos sen sacrificar calidade. Traballamos con ferramentas áxiles e procesos claros, porque o bo non ten que ser lento.
Casos de éxito
Comunicación integral
Continuamos a colaborar no nacemento, crecemento e maduración de diversos e diferentes proxectos. Xa sexa de forma individual, colaborando con outros socios ou como grupo, en ola.gal acumulamos numerosos éxitos: porque só cando ti o fas é que nós triunfamos!
Imaxe de marca
Deseño de logos
Creamos deseños de cero ou a partir das liñas de identidade existentes (cores, formas…) xa existentes. Son logos sinxelos, mais atractivos, que fican na memoria e non deixan indiferente. Por exemplo, o noso propio logotipo ou o da imaxe de arriba, da nosa marca irmá.
CONTINUA ACTUALIZACIÓN
Contidos para webs
Non só deseñamos e botamos a andar a túa web, tamén a dotamos dos textos que lle dan valor engadido e único. A do exemplo é a do Facela Fest, o festival de música independente de Lugo e o noso primeiro cliente. Estamos orgullosos do seu éxito e de medrar canda eles.
Estratexia integral
Solucións para negocios
Dous exemplos de negocios que iniciaron connosco a súa andaina dixital e que en pouco tempo xa son referentes nos seus eidos: un estudio de arquitectura e unha empresa de reformas. En ambos os dous casos, fixemos o deseño do logo, da web e elaboramos os contidos.
kIT dIGITAL
Web + Ordenador GRATIS
Son moitos os autónomos que confiaron en nós para deseñar a súa web a través do Kit Digital, o bono financiado pola UE e que tamén inclúe a xestión das Redes Sociais. Até outubro de 2025 continúa o prazo aberto para ter web + ordenador gratis.
Axudámoste
Medra e faite ver
ola.gal
Trasladamos ideas, deseñamos proxectos e facemos medrar negocios. Somos profesionais altamente cualificados. Pero, con máis de 20 anos de experiencia no mundo da comunicación, do que máis nos gabamos é de ser especialistas en empatía. Chámanos e coidaremos de ti.